BNG ao día. Boletín de información do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vigo
BNG ao Día. Boletín de información do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vigo
ver o contido principal desta páxina
Inicio Portada 'BNG ao día' Versión gráfica
principal
Portada
  • Santi Domínguez defende que traizoar a Vigo é opoñerse á fusión e apoiar “que Caixanova se marchara fóra cun SIP”
    nova publicada o 03/09/2010
    Vigo, 3 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou hoxe que cando se fala de traizoar á cidade estaría ben reflexionar un pouco e valorar se “traizoa á cidade quen defendeu sempre unha fusión que hoxe temos e que permite ter unha caixa galega forte con poder de decisión en Vigo e en Galiza”, como fixo o BNG, “ou quen rexeitaba esa fusión e prefería que Caixanova se marchara fóra cun SIP”. O nacionalista respostaba así a preguntas dos xornalistas, sobre ás declaracións realizadas hoxe polo alcalde, nas que reiterou as súas críticas a posición que mantivo o BNG na Lei de Caixas e na fusión entre Caixanova e Caixagalicia, acusando ao tenente de alcalde de tarizoar á cidade coa súa posición.
    ler máis...


  • O tenente de alcalde anuncia o inicio da rehabilitación da Ribeira do Berbés coa recuperación de catro inmobles
    nova publicada o 03/09/2010
    Vigo, 3 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este venres o balance do primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima da Ribeira do Berbés. Segundo destacou o tenente de alcalde, o inicio desta rehabilitación comezará coa actuación en 4 inmobles, que xa teñen aprobada a axuda municipal, e outros 6 que previsiblemente se adherirán o vindeiro ano ao proceso.
    ler máis...


  • “Landriña viaxa ao interior das paisaxes” é a proposta do Museo de Castrelos para o vindeiro domingo
    nova publicada o 03/09/2010
    Vigo, 3 de setembro de 2010.- O Museo Quiñones de León organiza unha nova proposta do programa “Domingos de museo”, dirixido a un público infantil e familiar. Trátase do obradoiro “Landriña viaxa ao interior das paisaxes”, que comezará ás 11.30 horas do domingo 5 de setembro, e no que a mascota do museo presentará un novo itinerario temático que inclúe xogos e actividades.
    ler máis...


  • O BNG insta á Xunta a poñer en marcha o Plan Estratéxico de Peinador elaborado pola Concellería de Turismo
    nova publicada o 02/09/2010
    Vigo, 2 de setembro de 2010.- O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, e a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Adán, e criticaron este xoves a “inacción” da Xunta de Galiza por non ter tomado ningunha decisión para manter os vós existentes no aeroporto de Vigo e impulsar outros novos cando foi o propio goberno galego o que unilateralmente decidiu asumir a competencia de negociar coas compañías aéreas hai máis dun ano. Os nacionalistas anunciaron que o BNG presentará unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a poñer en marcha o Plan Estratéxico de Peinador elaborado pola Concellería de Turismo e que contempla diversas medidas para incrementar o número de pasaxeiros.
    ler máis...


  • O cartaz da campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero elixirase este ano a través dun concurso
    nova publicada o 02/09/2010
    Vigo, 2 de setembro de 2010.- A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou este xoves que o prazo para participar no concurso de cartaces para empregar na campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro será do 8 ao 28 de setembro. A concelleira do BNG salientou que esta convocatoriada, organizada en colaboración co Consello Municipal da Muller, ten por obxectivo “a participación de toda a sociedade e a concienciación sobre a violencia de xénero”.
    ler máis...

    1-5

      Áreas de traballo
     Información e Participación Cidadá  Urbanismo  Infraestruturas  Mobilidade, Tráfico e Seguridade  Medio Natural  Cultura e Patrimonio Histórico  Educación  Normalización Lingüística  Servizos Sociais e Benestar Social  Sanidade  Muller  Mocidade  Turismo, Comercio e Emprego  Facenda e Persoal  Deporte  Barrios e Parroquias  Varios
    Outros: Hemeroteca   Opinión 


    Páxina anterior
    Parte superior da páxina

    Información de contacto co grupo Municipal do BNG do Concello de Vigo:
    Correo: info@bng-vigo.org.
    Dirección: Praza do Rei s/n 8º Andar
    Créditos
    Aviso Legal Sobre a versión accesíbel Suscrición ao Boletín electrónico